A Policía local tramita máis de 130 denuncias mensuais por conducir sen seguro
O departamento municipal de Tráfico e Transportes creou hai algo máis dun ano unha oficina dedicada especificamente ao control dos vehículos que circulan pola cidade sen o seguro obrigatorio. No que vai de ano, esta oficina tramitou xa 1.213 denuncias ante o xulgado contra conductores que non posuían o preceptivo seguro.
A oficina, xestionada pola Policía local, é a encargada de investigar as denuncias presentadas polos axentes do corpo e de tramitalas perante o xulgado correspondente. As patrullas da Policía local realizan controis específicos para detectar automobilistas ou motoristas que circulan sen o seguro obrigatorio. Cando nunha inspección constatan que o vehículo carece del o trasladan ao depósito municipal. Se o que ocorre é que o conductor non leva consigo o documento, dáselle un prazo de cinco días para presentalo nas oficinas da Policía local.
O Concello realiza este tipo de controis sistemáticos dende maio do pasado ano. A media mensual de denuncias de infractores supera as 130. A maioría desas denuncias, un 60%, corresponden a ciclomotores.