Escoitar

Un convenio coa Asociación Galega de Artesáns permitirá promocionar os oficios tradicionais

luns, 22 out 2001
imx695.jpg
Casa do cesteiro
O Concello asinará un convenio de colaboración coa Asociación Galega de Artesáns que permitirá impulsar o labor de investigación, formación e divulgación do Centro de Artesanía Tradicional. Entre as actividades previstas figura a realización dunha exposición sobre forxa tradicional.

O convenio establece que o Concello de Vigo deberá organizar, a través do seu Centro de Artesanía Tradicional e en colaboración coa Asociación Galega de Artesáns, as actividades que teñan previsto realizar. Coa finalidade de supervisar a axeitada execución do convenio, establécese unha comisión de seguimento integrada polos representantes das dúas institucións que se designen.

O Centro de Artesanía Tradicional, coa sinatura deste convenio, terá os recursos precisos para cumprir os seus obxectivos de recuperar, divulgar e dinamizar aqueles oficios artesáns ligados á identidade cultural.
Descargar todas as imaxes