A Corporación Municipal aproba provisionalmente os 227 millóns de orzamento para 2009
Cos votos do equipo de goberno e a oposición do grupo Popular, o Pleno aprobou hoxe luns de xeito provisional os orzamentos do Concello para 2009, que ascenden a 227 millóns de euros. O goberno salientou a "austeridade" dun documento que prioriza o gasto social e os investimentos na cidade.
O Pleno da Corporación do Concello de Vigo aprobou este luns de xeito provisional, cos votos en contra do Partido Popular, os orzamentos municipais para 2009 que ascenden a 227 millóns de euros. Tras esta primeira ratificación plenaria, o documento pasará a exposición pública e, concluído o período de alegacións correspondente, volverá ao Pleno para a súa aprobación definitiva e posterior entrada en vigor.
O equipo de goberno coincidiu en salientar a "austeridade" do orzamento municipal, así como o peso concedido ao gasto social e aos investimentos na cidade. Así, o goberno municipal subliñou o incremento que experimentan departamentos como Benestar Social, Emprego, Participación Cidadá, Parques e Xardíns, Urbanismo e Turismo, entre outros.
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, manifestou que os orzamentos presentan a vocación de "mellorar a calidade de vida dos cidadáns", mentres que a edil de Economía e Facenda, Raquel Díaz, destacou o investimento nos barrios e parroquias da cidade, en especial os 9,4 millóns destinados ás humanizacións.
O goberno local incorpora asemade importantes partidas económicas para eventos como a candidatura viguesa á Universiada 2015, con 550.000 euros, o Desafío Atlántico 2009 que parte desde Vigo, a World Fishing Exhibition 2009 ou os festexos do Bicentenario da cidade.
Tanto o voceiro nacionalista como a socialista salientaron a relevancia da aprobación "en tempo e forma" das contas municipais para o vindeiro exercicio, e por segundo ano consecutivo, o que consideraron mostra da consolidación do goberno local. O obxectivo é que o novo orzamento poida estar en vigor o 1 de xaneiro.