O ciclo ”As músicas faladas” trae a Lluís Llach o vindeiro sábado a Vigo
O ciclo ”As músicas faladas”, organizado pola Concellería de Normalización Lingüística con motivo da celebración do Ano Europeo das Linguas, prosegue coa actuación de Lluis Llach o vindeiro sábado 13 de outubro no Centro Cultural Caixanova.
LLUÍS LLACH
1948
Lluís Llach nace o 7 de maio en Verges, unha pequena vila de case mil habitantes localizada no baixo Ampurdán, comarca da que sempre se declarará perdidamente namorado. A existencia dun piano no domicilio familiar marcaría ao xove Lluís Llach, quen con a penas seis ou sete anos empezou as súas primeiras cancións.
1967
Inmerso por completo nos ambientes universitarios antifranquistas e debido ao interese que dende pequeno amosou pola música, entra en contacto co grupo intelectual de “Els Setze Jutges”, antecedente do que daquela comezaría a denominarse “Nova Cançó” e na que moi pronto ía comezar a destacar o recén chegado. Lluís canta por vez primeira o 22 de marzo en Terrassa, un concerto no que segundo contou despois en repetidas ocasións, pasou todo o tempo cos ollos pechados sen poder superar a súa timidez. Poucos meses despois participará coa canción “A cara o Creu” no Festival da Canción do Mediterráneo, e obtivo o segundo lugar. Ficha por Concéntric, un pequeno selo discográfico dirixido, ao igual que o Club “La Cova del drac”, por membros da burguesía catalana co único obxectivo de manter vivas a súa lingua e a súa literatura, fronte á dictadura franquista.
O seu primeiro disco incluía cancións como “Que feliç era, mare”, “La Barca”, “En Quífero” o “El Parc”.
Animado polo éxito, Lluís Llach preséntase ao Festival da Canción de Barcelona, e obtén o segundo posto. Entre os asistentes atópase o presidente da CBS en España quen lle ofrece dous millóns de pesetas (daquela) por fichar pola CBS multinacional... a cambio de cantar en catalán e castelán: pero rexeita esta oferta: grava a canción que, en pouco máis dun ano, se convertería nun himno oficial para a resistencia antifranquista de todo o estado, “L’ estaca”.
1968
En pleno crecemento da súa fama (“Irene” acada as cen mil unidades vendidas), coñece a Laura Almerich: Laura, unha irmá, unha amiga, unha cómplice, e quen forma parte fundamental do seu acompañamento musical durante máis de vintecinco anos. A esta muller adicaralle, anos máis tarde, unha das súas composicións máis fermosas.
O ano remátao actuando no Palau da Música de Barcelona, e acadando a súa “consagración” definitiva. Ao ano seguinte, a censura que non notara nada “raro” en “L ‘ estaca” no seu momento, “comprende”, o que quería dicir Lluís con esta canción e comeza a súa caza e captura.
1971
Prohiben os seus concertos baixo a acusación de “revolucionar ao público coa mirada, por subversión , defensa do catalanismo e crítica do fascismo.”
Decide “exiliarse” en París.
1972
Publícase no noso país o seu terceiro disco de longa duración “Com un arbre un”
1974
Despois de catro anos de ausencia, volve actuar no Palau da Música de Barcelona, presentado en directo as cancións do seu último disco, “I si canto trist...”, Preludio dunha forma ... “filosófica” de facer cancións que configurarán o seu estilo definitivo en gravacións posteriores.
1975
O seu novo traballo, “Viatge a Itaca”, chega a ser o seu disco máis vendido ata o de agora: 150.000 exemplares.
A presentación no Palau da Música, un acontecemento previsto para celebrarse durante varios días, finaliza bruscamente a quinta noite, ó ser detido Lluís Llach. Llach volta a ser un cantante vetado en España e refúxiase no estranxeiro: Porto Rico, Venezuela...
En Londres, no Central Westminster Hall, comparte escenario xunto cun aínda descoñecido Joaquín Sabina. Mentres actúa no Thêatre de la Ville de París, morre Franco.
1976
Tras morrer Franco, Lluis Llach regresa a España, e inicia unha nova etapa na súa vida.
O seu retorno celébrase cun recital no Palacio de Deportes de Barcelona, recollido en forma de disco, “Barcelona gener de 1976”.
Os seguintes anos, nos que cada concerto se converte nunha manifestación espontánea contra o fascismo e a favor da amnistía política e o estatuto de autonomía, serían igualmente fermosos e duros: sofren unha clase de presión diferente que provocou unha crise de identidade.
Nunca o manifestara publicamente, pero en 1979 tomara xa a firme decisión de abandonar definitivamente a música. Afortunadamente, a idea só lle durou un ano.
1980
Lluís realiza un dos seus traballos musicais máis estimulantes, unha entrañable homenaxe sonora aos días da súa infancia e á paisaxe ampurdanesa: “Verges 50”. A suite estréase, no Teatre Grac de Barcelona, acompañado pola banda municipal da cidade.
1983
Ó final de anos, morre a súa nai, María Grande i Vall. Querendo adicarlle unha homenaxe á súa memoria, escribe as cancións que comporán, ano e medio despois, un dos seus discos máis fermosos, “Maremar”.
1984
Aparece “T’ estimo” que se abre coa canción “Amor particular”, composición que Lluís Llach adica ao seu público.
1985
A Academia Francesa do Disco outórgalle o premio ao mellor compositor por “T’estimo”, galardón compartido por Leonard Cohen.
En abril, aparece “Maremar”, no que participan as súas amigas María del Mar Bonet e Marina Rossell.
1986
O 6 de xullo ten lugar o acontecimiento máis importante de toda a súa carreira musical: o concerto que ofrece perante máis de cen mil persoas no Nou Camp.
Trátase da maior convocatoria musical realizada por un único cantante en Europa. O concerto sería rexistrado para ser editado nun disco, o dobre álbum “Camp del Barça, 6 juliol de 1985”.
1988
Tras unha longa ausencia Llach volta ao escenario do Olympia para presentar as cancións de “GEOGRAFÍA”. Compón a banda sonora orixinal para a película “Le Voleur d’ enfants”, francesa, e a súa segunda incursión neste xénere, tras escribir a música para “O río que nos leva”. Posteriormente fará o mesmo coa serie de televisión “A forxa dun rebelde”.
1991
Grava, durante a guerra do Golfo nun estudio móbil localizado na súa masía de Parlavá o seu novo disco, “Torna aviat” . Neste álbum inclúese a canción “Inssubmis”, na que colabora unha asociación de insubmisos ao servicio militar. Noutro dos temas do disco, “Au Blanca”, participa a soprano Victoria de los Angeles.
1992
Ano das olimpiadas de Barcelona e Lluís tiña previsto participar coa súa “Cantata a Barcelona”, pensada como unha homenaxe aos valores de fraternidade e solidariedade que o deporte afeccionado leva consigo pero, motivos económicos impediron a súa estrea durante as festas da Mercé.
A “Cantata”, que incluía textos escritos polo propio Lluís e polo poeta Miquel Martí i Pol, converterase ao ano seguinte no disco “Un pont de mar blava”. Lluís Llach celebra os seus primeiros vintecinco anos de carreira musical cunha serie de recitais nos que recupera vellas composicións abandonadas dende bastante tempo atrás nas súas presentacións en directo, como “El bandoler”, e “La gallinata”
Esta conmemoración culmina coa aparición dun disco en directo, “Ara” e pechando un ciclo, “Ara i aquí” - tamén en directo – .
1993
Lluís Llach concéntrase na gravación do que será o seu próximo disco, titulado “Un pont de mar blava”. Mentres a editorial valenciana “Tres i Quatre” prepara a publicación da máis extensa biografía do cantante de Verges realizada ata os nosos días. A finais de novembro no Palau Sant Jordi de Barcelona, interpreta durante dous días seguidos a obra sinfónica “Un pont de mar blava”, acompañado por dezaseis músicos e perante trinta mil persoas.
1994
A finais de ano aparece “Rar”, ata os nosos días o último álbum do cantautor ampurdanés. Inclúe oito cancións. Nesta producción Llach amosa versións diferentes dalgún dos seus temas máis emblemáticos (como os clásicos “Campanadas a Morts” e “Onades”), presenta outros inéditos (“Roses blanques” do poeta Miquel Martí i Pol) e da súa particular visión do tema “El Cant dels Ocells”. O disco complétase con outras gravacións en directo que merecen ser conservadas: de “A l’astació”, (1993) , “Bambolines” e “Ars de nou” (1991), e “Shanandoah” (1992) .
1995
Grava “Porrera”, adicado ao pobo do priorat Porrera do que garda gratos recordos da súa infancia e onde ten establecida a súa residencia actualmente.
1997
Lluís Llach rompe a liña musical que caracteriza os seus últimos traballos. Prodúcese un rencontro coas súas propias cancións. Os temas deste traballo son interpretados moi libres baseados unicamente na guitarra e no piano.
1999
Aparece no mercado discográfico o seu novo traballo “9” que marca unha nova etapa musical. “9” contén nove cancións adicadas a nove historias totalmente diferentes, con temas adicados ao amor, á política e á crítica social.
2000
O seis de maio deste ano ve realizado un dos seus soños máis anhelados: a estrea na Praza de Touros de Valencia, dunha cantata, “Germanias 2007”, para a cal contou coa colaboración de Miquel Martí I Pol na elaboración dos textos. A posta en escea destaca polo innovador, co achegamento musical dunha banda integrada por 15 músicos e as participacións estelares da cantante cubana Lucrecia, o contratenor Xavier Torra e unha coral formada por 200 nenos procedentes de diferentes agrupacións corais de Cataluña, País Valenciá, Mallorca, Perpignan e Fraga.
A finais do verán decide meterse no estudio para traballar no seu novo traballo discográfico, “Temps de revoltes”:O seu contido fundamental será a mencionada cantata, amén doutras composicións recentes como “I tanmateix” “Veritat i mentida”, e os dous himnos compostos para recadar fondos a favor do pobo kosovar. Aparece no mercado no mes de novembro. Lluís estrea o seu novo espectáculo “Temps de Revoltes” o día 31 de agosto no Teatre Victoria Eugenia de San Sebastián. Nesta ocasión preséntanos a súa nova banda formada por 5 músicos.