Vigo dispón dun novo parque forestal en San Andrés de Comesaña
A Concellería de Parques e Xardíns concluiu as obras do novo parque forestal de Comesaña situado no monte coñecido como A Guieira. Nunha superficie de 29.200 metros cadrados cedida pola comunidade de montes, o Concello instalou mesas de pedra e asadeiros. Fíxose unha limpeza da zona, abríronse sendeiros e, ademais, habilitouse un espacio para aparcadoiro. O investimento foi de 7 millóns de pesetas.
Alameda de Matamá
A próxima semana comezarán as obras de acondicionamento da alameda de Matamá ás que o Concello destinou un orzamento de 15 millóns de pesetas. Entre as actuacións previstas está a realización dunha pista de petanca, o acondicionamento de xardíns e a instalación de mobiliario urbano e de xogos infantís. Habilitarase tamén unha zona de aparcadoiro a carón da alameda.
Descargar todas as imaxes