Vigo é a única cidade galega que dispón dun tratamento integral de depuración de augas residuais
A segunda fase da estación depuradora do Lagares entra en funcionamento a partir de hoxe, o que permite o tratamento integral das augas residuais. Coa posta en marcha desta fase, o Concello de Vigo trata a través das depuradoras públicas de Teis, Vigo-Zoo e do Lagares a totalidade das augas da súa competencia.
A estación depuradora do río Lagares está deseñada para unha poboación de 400.000 habitantes, cunha dotación de 300 litros por habitante e día. Despois da fase de pretratamento realízase unha decantación primaria e logo a depuración biolóxica. Existe tamén unha etapa de desodorización para sólidos e grosos que, tralo tratamento mediante filtros de carbón activo en colectores pechados, pasan por un biofiltro de cortiza de piñeiro húmida.
O caudal medio é de 1.500 litros por segundo e o caudal do bombeo final a emisario é de 3.000 litros por segundo. Prodúcese un volume de lama total de 2.386 metros cúbicos por día.
Os resultados das analíticas da calidade das augas de baño do ano 1994, cando aínda non se depuraban, demostran que en Samil os valores eran de 20.000 nos coliformes totais e 10.250 nos fecais, en contraste coas últimas análises realizadas con valores de 80 nos coliformes totais e de 14 nos fecais, sendo os valores guía 500 e 100 e imperativos 10.000 e 2.000 para coliformes totais e fecais, respectivamente.
A auga bruta á entrada da estación depuradora do Lagares ten valores de 226 DBO5 (demanda bioquímica de osíxeno ó cabo de 5 días), 198 SS (sólidos en suspensión) e 516 DQO (demanda química de osíxeno). Coa entrada en funcionamento da nova liña de depuración biolóxica, os valores medios de saída a emisario son 55 DBO5, 33 SS e 99 DQO. A estación estará a pleno rendemento dentro dun mes.
Descargar todas as imaxes