venres, 11 outubro 2024

Abel Caballero visitou a planta de Stellantis Vigo xunto ao Delegado do Goberno

O rexedor vigués achegouse esta mañá a planta de Balaídos, xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; ao delegado do Estado da Zona Franca de Vigo, David Regades, e ao subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada. Foron recibidos polo director de Stellantis Vigo, José Luis Alonso, e outros membros da dirección da planta. Mantiveron un encontro no que comentaron os proxectos para mellorar a competitividade da planta e analizaron a situación do sector de automoción en Galicia e en España. Posteriormente, realizouse un percorrido polos principais talleres da planta.

O Concello aproba o contrato da atención sanitaria de CEDRO e o novo tellado do albergue municipal

venres, 11 out 2024

A Xunta de Goberno de Vigo aprobou hoxe o contrato do servizo sanitario da Unidade Asistencial de Drogodependencias CEDRO. Cunha duración de dous anos, conta cun valor de 952.000 euros por exercicio, segundo avanzou hoxe o alcalde, que afirmou que ante o “manifesto incumprimento” da Xunta a asumir a atención sanitaria a persoas con adiccións que se presta en CEDRO, o Concello seguirá prestándoa. Entre os acordos tamén se atopa a renovación do tellado do albergue municipal.