Escoitar

Vigo avanza no plan estratéxico para preservar os xardíns históricos do Pazo de Castrelos

O Concello investirá preto de 250.000 euros para realizar un estudo sobre os xardíns do Pazo de Castrelos que servirá como folla de ruta para o plan estratéxico de conservación deste Ben de Interese Cultural.

venres, 11 out 2024

O alcalde avanzou este venres que nas iniciativas do goberno municipal dirixidas a preservar, protexer e manter os xardíns do Pazo de Castrelos, “que son unha xoia”, enmárcase o convenio de colaboración aprobado hoxe coa "mellor empresa especializada de España" para que sinale as accións necesarias para cumprir con este obxectivo.

Caballero sinalou que o estudo formará parte da folla de ruta co que o Concello afronta o plan estratéxico para marcar as accións globais que require a preservación dos bens de interese cultural de Vigo.

Descargar todas as imaxes