luns, 12 febreiro 2024

O Concello garda un minuto de silencio en memoria dos dous gardas civís falecidos en Barbate

A corporación municipal de Vigo, responsables da Comandancia da Garda Civil, e da comisaría do Corpo Nacional de Policía gardaron este luns un minuto de silencio en recordo dos dous membros da benemérita falecidos a fin de semana en Barbate, e en apoio ás súas familias. O alcalde Abel Caballero trasladou ás familias "o noso agarimo e noso pésame", á vez que recoñeceu "ás forzas e corpos da seguridade do Estado o seu traballo permanente en todo o país".

A Corporación Municipal rexeita o trato discriminatorio da Xunta con Vigo pola falta de financiamento do estadio de Balaídos

luns, 12 feb 2024

A corporación municipal de Vigo aprobou no pleno extraordinario deste luns, cos votos a favor dos concelleiros dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e do BNG, a moción do Goberno municipal que expresa o rexeitamento á actitude do presidente da Xunta, así como o trato discriminatorio á cidade, e a falta de cooperación da administración autonómica ao financiamento da remodelación de Balaídos. Os concelleiros do PP votaron en contra de censurar a ausencia de apoio económico do goberno de Alfonso Rueda ao estadio municipal.