Escoitar

O Concello incrementa as axudas ao Comedor da Esperanza e á Asociación Vida Digna

O Comedor da Esperanza e a Asociación Vida Diga contarán en 2024 con 31.685 euros máis para atender ás persoas sen recursos, xa que o goberno municipal aprobou este venres aumentar a dotación económica que reciben as dúas ONG para afrontar a subida do prezo dos subministros e da alimentación.

venres, 9 feb 2024

O alcalde detallou que o Comedor da Esperanza contará en 2024 cun total de 80.000 euros para desenvolver a súa actividade asistencial, recibindo 25.250 euros máis que o ano pasado. O convenio asinado coa institución fixa en 244.250 euros o importe total a percibir de 2022 a 2025.

A Asociación Vida Digna verá incrementada a asignación municipal en 6.435 euros. Así, en 2024 recibirá 51.435 euros do Concello. O acordo asinado de 2022 a 2025 ascende a 186.435 euros.

Caballero apuntou que estes dous incrementos de dotacións económicas súmanse aos aprobado este ano para a Misión do Silencio, que foi duplicado ata alcanzar os 80.000 euros; e para AFÁN que pasa a contar con 64.000 euros.

O rexedor lembrou que o orzamento total do Concello para os comedores sociais ascende a 500.000 euros.

Descargar todas as imaxes