xoves, 7 dec 2023
O Concello e máis de 45 profesionais de Radio Taxi facilitarán a preto de 200 persoas que residen en 20 centros de maiores de Vigo realizar un percorrido totalmente gratuíto para gozar da iluminación e decoración despregada na cidade durante o Nadal. Por quinto ano, o vindeiro luns 11 de decembro, os maiores contemplarán en directo elementos emblemáticos como a árbore da Porta do Sol, de 45 metros de lonxitude, que este ano exhibe unha abraiante estrela.
xoves, 7 dec 2023
A media de ocupación alcanzará o 94%. Durante o mes de novembro a cidade rexistrou unha ocupación superior o 62%, “o mellor novembro turístico de Vigo” co acendido do alumeado “unha semana despois que en 2022”.
xoves, 7 dec 2023
A décimo quinta edición da Vigo+11 vaise disputar este domingo ás 10:30horas con saída e chegada na Praza da Tellada, en Coia, onde se sitúa a
instalación deportiva municipal de Máis que Auga, saída e meta da carreira. Así o anunciou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que estivo acompañado na presentación da proba atlética por Fran Cortegoso, director xeral de Máis que Auga, e David Posada, delegado en Vigo da Federación Galega de
Atletismo, e tamén polo edil de Deportes, Manel Fernández.
xoves, 7 dec 2023
O concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, participou o sábado no acto da entrega dos premios do VII Cityblue Film Festival. Entregou o premio ao mellor largometraxe por "O home e o can" ao director Ángel de la Cruz, ganador de un Goya por la película “El bosque animado”.