venres, 12 maio 2023

O Concello solicita fondos europeos para o Pazo de Castrelos

A Xunta de Goberno aprobou a participación do Concello no programa para a mellora da competitividade e de dinamización do patrimonio histórico de uso turístico enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, dotado cos fondos europeos Next Generation EU. As melloras do Pazo de Castrelos suporán un investimento de 1,5 millóns de euros.

O alcalde celebra o Día de Europa xunto á EFCA

venres, 12 mai 2023

Abel Caballero participou na conmemoración do Día de Europa celebrado pola Axencia Europea do Control da Pesca (EFCA) no Museo do Mar. O 9 de maio celébrase a paz e a unidade no continente, data histórica da declaración de Schuman na que se considera que comezou o que hoxe coñecemos como Unión Europea. O alcalde puxo en valor a UE, desde o inicios ata a actualidade. Aproveitou a ocasión para instar "ao diálogo" nos temas relativos á pesca e afirmou a importancia da Europa que está a investir cos fondos Next Generation EU.