Escoitar

A rampla de Carral comezará a funcionar a semana que vén

O alcalde deu conta do avance das obras da humanización e instalación da rampla mecánica na rúa Carral, que rematarán a finais da próxima semana. Este elemento mecánico inclúese na humanización da nova Porta do Sol na que se investiron case 17 millóns de euros.

venres, 12 mai 2023

A rampla que vai de Carral ata Porta do Sol comezará a operar a próxima semana. O alcalde informou do avance das obras que se están a acometer coa humanización da rúa e a instalación do elemento mecánico que achega desde o cruce de con Marqués de Valadares ata a nova praza.

Esta rampla ten un importe de 350.000 euros, incluídos na obra da nova Porta do Sol onde o Concello investiu 17 millóns de euros. O rexedor detallou que abarca unha lonxitude de 27 metros e salva 5 metros de altura. O estilo é como as escaleiras de II República, con pórticos metálicos e vidro. Estará axardinada na parte alta e un dos laterais.

Porta do Sol

Abel Caballero tamén informou da instalación de dous bancos de granito “co estilo da praza” na Porta do Sol con dúas árbores. O alcalde lembrou que os elementos son móbiles para darlle á nova praza distintos usos.

Descargar todas as imaxes