martes, 9 mai 2023
É o segundo mellor dato da serie histórica. O Aeroporto de Vigo rexistrou unha ocupación nos voos do 79%, sendo Barcelona a ruta máis destacada co 94% de asentos ocupados. Londres estréase co 70% de ocupación no mes de abril.
martes, 9 mai 2023
Increméntase a recollida deste tipo de residuo de xeito que os establecementos comerciais poden solicitar un servizo “porta a porta” baixo demanda previa. Actualmente, existen preto de 40 puntos, entre zona Príncipe e zona Calvario, nos que os comercios poden depositar o papel e cartón.
martes, 9 mai 2023
Arredor de 1100 alumnos e alumnas presentan diversas pezas teatrais ao longo desta semana amosando as súas dotes actorais e o seu bo facer sobre o escenario do auditorio da Praza do Rei. Este martes, estudantes do CEIP Mestres Goldar e do CEE Saladino Cortizo así como alumnado da Escola Municipal de Teatro participaron na actividade e recibiron un diploma acreditativo da man do rexedor, que saudou tamén ao público alí congregado, procedente dos CEIP Valle Inclán, Balaídos, Santa Mariña e Saladino Cortizo.
martes, 9 mai 2023
O alcalde fixo entrega este martes dos diplomas acreditativos da décimo cuarta edición deste concurso de pintura no que participaron coas súas creacións 4.179 escolares de 39 centros educativos da cidade. Deles, 46 nenas e nenos recibiron esta mañá o seu recoñecemento de mans do rexedor que lle trasladou os parabéns polo traballo realizado.
martes, 9 mai 2023
Será a única data en Galicia da artista catalá que presenta o seu traballo máis ambicioso “Toda la vida, un día”, nun recital que comezará ás 21 horas da noite.