Sílvia Pérez Cruz, en concerto o 24 de xuño no Auditorio Mar de Vigo
Será a única data en Galicia da artista catalá que presenta o seu traballo máis ambicioso “Toda la vida, un día”, nun recital que comezará ás 21 horas da noite.
O alcalde avanzou este martes o concerto de Sílvia Pérez Cruz, que trae a Vigo o seu sétimo traballo de estudio, “Toda la vida, un día”, que representa unha nova etapa na súa traxectoria, e onde repasa as etapas da vida, desde o nacemento ao renacemento, pasando pola mocidade, a madurez e a vellez.
O concerto será no Auditorio Mar de Vigo o sábado24 de xuño ás 21 horas e será a única data en Galicia da artista. As entradas estarán dispoñibles a partir deste mércores, 10 de maio, a través de www.teuticket.com