mércores, 28 set 2022
Pilar Pérez Rodríguez, extraballadora de Empresas Álvarez, deu lectura no Pleno Municipal deste mércores á Declaración Institucional en representación das persoas que protagonizaron os sucesos ocorridos en Galicia no ano 1972 e, de forma máis directa, na folga xeral de Vigo en setembro dese ano. O Concello inaugurará este xoves unha exposición na rúa Príncipe polos 50 anos da folga do 72. Abel Caballero avanzou que serán imaxes e recortes de prensa que narran os feitos "da importante mobilización obreira".
mércores, 28 set 2022
O edil de Facenda, Jaime Aneiros, explicou no pleno esta modificación da Ordenanza Fiscal Xeral “que chama a transformar o modelo enerxético e promover as enerxías limpas”.
mércores, 28 set 2022
A unanimidade do Pleno Municipal aprobou a moción do grupo municipal socialista demandando ao Goberno español que poña en marcha ante a Comisión Europea tódolos mecanismos legais para frear a entrada en vigor do regulamento que afecta ao sector pesqueiro.
mércores, 28 set 2022
O concelleiro de Educación, Gorka Gómez, conseguiu esta mañá o apoio do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito para solicitar á Xunta que asuma a subida dos prezos dos comedores escolares. O Partido Popular abstívose na votación dun texto que lembra que ata o de agora é o Concello a administración que sufraga a maior parte deste servizo.
mércores, 28 set 2022
Nunha moción presentada polo Grupo Municipal Socialista solicítalle á Xunta que faga explicito este apoio ante o Goberno de España. Tamén se solicita que a Xunta asine, en materia de mobilidade urbana un convenio de 3,5 millóns de euros.