Escoitar

O alcalde reitéralle a Rueda a proposta de “acordar” unha reunión para tratar a posición da Xunta con Vigo

Abel Caballero propuxo esta mañá acordar unha reunión con Alfonso Rueda para falar de cuestións pendentes coa cidade. Así llo trasladou nunha carta que lle enviou en resposta á recibida onte luns, unha misiva “chea de falsedades e inexactitudes” que “volve ser un non a todo o que se prantexa en Vigo”.

martes, 27 set 2022

Abel Caballero envioulle esta mañá unha carta ao presidente da Xunta na que reitera a súa oferta de “acordar” unha reunión para tratar a posición da Xunta con Vigo. Na resposta á misiva que Alfonso Rueda lle fixo chegar onte, Caballero reitera a oportunidade que se pode abrir co cambio na presidencia da Xunta, unha vez que a reunión que mantivo en 2015 con Alberto Núñez Feijóo rematou cunha serie de compromisos non cumpridos polo que en 2019, o alcalde xa non solicitou reunión algunha. En rolda de prensa, lamentou que a carta de Rueda “volve ser un no a todo o que se pratexa en Vigo”, está “chea de falsedades e inexactitudes”, ademais de obviar temas fundamentais que permitan abordar un diálogo leal entre institucións.

En primeiro lugar, aludiu ás obras autonómicas ás que Rueda se refire na súa carta. Aclarou que lo único que fixo a Xunta foron obras de maquillaxe de asfalto, fronte ás máis de 1.000 humanizacións completas que fixo o Concello. A modo de exemplo, sinalou unha actuación no polígono de Navia que a día de hoxe segue sen rematar. No caso da PO 330, estase actuando só na superficie a pesar de que desde no Concello ofrecémonos a conveniar ou incluso a pagar a obra completa para renovar tamén as redes atendendo á sustentabilidade. Esta actuación incluso podería entrañar un atentado medioambiental dado que se tapan necesidades que deberían ser resoltas.

Caballero insistiu en que a estación de autobuses non está en funcionamento porque non se iniciaron os trámites necesarios, segundo a normativa vixente. Explicou que todos os accesos que precisa esa instalación está rematado e a súa disposición. E seguindo co transporte, neste caso o metropolitano, Caballero criticou de novo o intento a petición da Xunta de que Vigo pague as viaxes dos cidadáns que veñen de fóra. Logo de aclarar que o Concello xa adica 13 millóns anuais a axudas directas aos usuarios do transporte urbano, censurou a pretensión da Xunta de que cando un cidadán cunha tarxeta da Xunta teña descontos no Vitrasa, pagados por Vigo. Neste punto, sinalou que a Xunta non só non achega un euro ao transporte público de Vigo, senón que pretenden que Vigo pague unha parte do transporte metropolitano.

No tocante aos fondos europeos, Caballero lembrou que a cidade reclama 3,5 millóns dos fondos que xestiona a Xunta, a mesma cantidade que recibiu a Autoridade Portuaria sen convocatoria pública algunha. Tal e como lembrou, o Concello recibiu cifras millonarias do Goberno de España pero esta situación non se produce coas liñas de axuda xestionadas pola Xunta, como son as do fortalecemento da actividade cultural en zonas turísticas, entre outras, porque simplemente non hai convocatorias. É obvio que Vigo non ten dificultades técnicas ou administrativas para desenvolver proxectos e lamentamos que o presidente “falta al respecto” á profesionalidade dos funcionarios responsables. Un simple paseo pola cidade, abundou, permite ver ducias de obras: ramplas de Gran Vía (que a Xunta tentou paralizar), o túnel da Porta del Sol, as escaleiras mecánicas de Abeleira Menéndez ou el ascensor HALO. Todas elas en macha en tempo récord e con importantes recoñecementos nacionais ou internacionais.

Na súa comparecencia, Caballero amosou a súa sorpresa con que Rueda ratificara na súa carta o negativa a financiar o único albergue municipal da comunidade autónoma, unha instalación supramunicipal que atende a persoas de toda Galicia. Foi Núñez Feijóo o que aprobou unha lei “antivigo” que impide ao albergue incluírse no Plan Concertado de Servizos Sociais. En todo caso, o goberno autonómico contradise porque, por un lado esixen ao Concello que xestione o albergue con persoal municipal en lugar de Cruz Vermella que é a concesionaria, pero por outro, financian instalacións similares noutros concellos que están en mans privadas, incluso algún xestionado pola propia Cruz Vermella.

Rematou referíndose ás consideracións que Rueda fai da Biblioteca do Estado na súa carta, verbas que o rexedor interpreta como unha desautorización ao conselleiro de Cultura cando priorizou actuacións diferentes á de Vigo durante un encontro con Miquel Iceta. Caballero amosou este cambio de criterio e avanzou que llo trasladaría ao responsable de Cultura do Goberno de España.

Descargar todas as imaxes