Escoitar

O alcalde convida á cidade a asistir ao gran concerto da Orquestra Filharmónica de Praga en Vigo

O Ifevi acollerá o 18 de novembro o espectáculo “A Orquestra Filharmónica de Praga interpreta rock” que contará coa participación de Ian Gillan, vocalista de Deep Purple, interpretando os grandes éxitos da banda.

luns, 26 set 2022
O alcalde durante a rolda de prensa xunto ao director e o manager en España da Orquestra Filharmónica de Praga así como o xerente do Ifevi
O alcalde durante a rolda de prensa xunto ao director e o manager en España da Orquestra Filharmónica de Praga así como o xerente do Ifevi

Abel Caballero presentou o evento este luns no Concello convidando á cidade a “participar neste gran concerto coa mellor tradición da calidade da orquestra”.

“A Orquestra Filharmónica de Praga interpreta rock” está dirixido polo especialista en rock, Fridemann Riehle, o director da Orquestra Filharmónica de Praga que durante a rolda de prensa deste luns avanzou que se trata dun “show incrible”.

O espectáculo baséase na interpretación das cancións máis coñecidas do rock de grandes bandas da historia deste xénero musical como Queen, Pink Floyd, AC/DC, Metallica ou Scorpions...

Na transcurso da presentación, Simón Ibáñez, manager da Orquestra Filharmónica de Praga en España, avanzou que se trata dun evento único e destacou a presenza de Ian Gillan, unha das voces máis icónicas do rock. O vocalista de Deep Purple cantará os grandes éxitos da banda.

A Orquestra Filharmónica de Praga leva realizando xiras mundiais desde o ano 2001 con este espectáculo, chegando ás salas de concertos máis importantes do mundo, como é o caso da ópera de Viena. A Vigo chega o próximo venres 18 de novembro.

“Que ninguén falte ao concerto porque apunta a ser extraordinario”, sinalou o rexedor ao finalizar a presentación, na que tamén estivo tamén presente Arsenio Prieto, xerente do Ifevi.

O alcalde durante a rolda de prensa xunto ao director e o manager en España da Orquestra Filharmónica de Praga así como o xerente do Ifevi
Descargar todas as imaxes