mércores, 27 out 2021
Contempláronse as alegacións presentadas pola Federación de Hostaleiros da provincia de Pontevedra e a Asociación de Comerciantes de Vigo, que plantexaron ampliar horarios en terrazas en situacións excepcionais, xa regulado no artigo 9 do documento, e tamén a utilización de imaxe e son nalgúns eventos especiais que, segundo explicou a tenente de alcalde Elena Espinosa, autorizaranse na Xunta de Goberno Local.
mércores, 27 out 2021
O edil de Facenda deu conta no pleno das directrices do orzamento municipal para 2022 que ascende a máis de 285 millóns de euros e que “mantén as liñas fundamentais e permitirá medrar e potenciar as actividades e recursos na cidade”.
mércores, 27 out 2021
O Pleno do Concello insta ao goberno autonómico a aplicar a medida desde o comezo do ano 2022 co novo orzamento e que a gratuidade inclúa o servizo de comedor ademais da atención educativa.
mércores, 27 out 2021
O Pleno debateu e aprobou este mércores unha moción presentada polo grupo do goberno vigués, un texto que insta ao executivo presidido por Núñez Feijóo a incorporar unha partida nos orzamentos autonómicos do próximo ano para estender o paso soterrado ata a rúa Coruña.
mércores, 27 out 2021
O Pleno aprobou definitivamente este mércores o Instrumento de Ordenación Provisional para un ámbito delimitado pola Avenida Martínez Garrido e as rúas Sagunto, Valladolid, Segovia e Burgos, que conta con parcelas vacantes. O obxectivo é “resolver e dar resposta legal” a actuacións nunha zona “que necesita de rexeneración urbana”, segundo explicou Caride.