venres, 29 out 2021
O goberno de Vigo, segundo informou o alcalde, adxudicou este venres as obras de mellora, que se prolongarán durante uns seis meses e presentan un orzamento que roza o millón e medio de euros. Caballero explicou que se actuará na iluminación, a protección contra lumes, paneis de información, medición de gases e se instalará un sistema de megafonía.
venres, 29 out 2021
A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta mañá á contratación dos traballos de análise das condicións de vida das persoas maiores en Vigo o que permitirá elaborar un plan estratéxico de actuación pioneiro en Galicia. Este diagnóstico permitirá a detección precoz de situacións de vulnerabilidade social.
venres, 29 out 2021
Co obxectivo de atender o incremento da demanda das persoas usuarias de cara á celebración do día 1 e 2 de novembro amplíanse algúns dos servizos actuais ata os camposantos da cidade.
venres, 29 out 2021
O alcalde e a embaixadora mantiveron un encontro para falar das relacións entre a cidade e o país israelí. Caballero explicou a Dña. Rodica Radian-Gordon a capacidade económica de Vigo e a importancia que ten a ría e o mar na cidade.