O TSXG ratifica a obriga de pagar IBI á concesionaria do hospital Álvaro Cunqueiro
Abel Caballero deu conta esta mañá dunha sentenza do TSXG que avala, unha vez máis, a ordenanza fiscal do IBI pola que a concesionaria ten que pagar máis de 900.000 euros ás arcas municipais. O tribunal dálle a razón ao Concello e desestima o recurso interposto pola Xunta e a empresa xestora do hospital.