Escoitar

O Concello mantén en hoteis a 22 inquilinos do edificio incendiado en Sanjurjo Badía

O alcalde visitounos este luns nun dos tres hoteis nos que están aloxadas 22 persoas das 84 familias afectadas polo incendio, que se produciu na noite deste sábado no garaxe dun inmoble da rúa Sanjurjo Badía. O Concello adiantará o pago dos establecementos, que será repercutido ao seguro.

luns, 25 mai 2020
O alcalde, durante a visita
O alcalde, durante a visita

En declaracións posteriores á visita, realizadas por videoconferencia, Abel Caballero informou de que o arquitecto municipal, nunha avaliación inicial, non detectou problemas estruturais graves no edificio pero si no garaxe, polo que sería necesario apuntalar e fixar estruturas para poder contar novamente con auga e luz no edificio. A baixante de augas fecais tamén resultou afectada.

O Concello mantén actualmente aloxados en tres hoteis da cidade a 22 inquilinos do inmoble, que seguirán alí mentres sexa preciso. O custo destes aloxamentos será repercutido posteriormente ao seguro, segundo avanzou Caballero.

Descargar todas as imaxes