luns, 23 marzo 2020

O alcalde insta a todas as persoas con dificultades para comprar alimentos a poñerse en contacto co Concello a través do 010

luns, 23 mar 2020

O alcalde garantiu esta mañá axudas de alimentación para todas aquelas persoas que non estean en condicións económicas de afrontar ese gasto e instou a comunicar esta situación ao Concello a través do 010. De feito, hoxe mesmo, o goberno local repartirá comida a domicilio a 150 familias vulnerables e persoas maiores.