O Concello reforza a desinfección da cidade con catro equipos as 24 horas do día
O alcalde deu conta desta medida adicional e anunciou que os bombeiros van incorporarse ás tarefas de desinfección. Amais, o goberno municipal enviará colectores especiais aos hospitais doados pola empresa Contenur.
Abel Caballero detallou este luns algunhas medidas adicionais de desinfección que se están tomando na cidade como o reforzo do dispositivo con catro equipos de dúas persoas en quendas de mañá, tarde e noite: “catro equipos en tres quedas as 24 horas do día” que traballan en toda a cidade, apuntou.
O Concello dispuxo equipos específicos dotados de remolcadoras, sulfatadoras e baldeadoras que empregan auga con lixivia a presión para desinfección as rúas de Vigo. Amais, o rexedor avanzou que os bombeiros van desenvolver tamén tarefas de desinfección dentro das posibilidades que permitan as súas quendas para manter a atención do servizo.
Os equipos de desinfección traballan en toda a cidade: Montero Ríos, Areal, Casco Vello, Praza Compostela, Praza Estrela, Santiago de Vigo, escaleiras Cruz Vermella, Reitorado, Soportais Berbés, prazas de abastos de Travesas, Bouzas, Teis, Calvario, Progreso, Cabral e Berbés; Hospital Povisa, Fátima, Ambulatorios de Tui, Pintor Colmeiro, Navia, Nicolás Peña, Teis, Lavadores, Centro saúde López Mora, A Doblada e rúa Cuba, Praza do Rei e Casco Vello de Bouzas. Amais, as quendas comprenden os centros comerciais Gran Vía, Travesía e Corte Inglés, Praza España, Rosalía de Castro, García Barbón, Urzáiz (paseo peonil), Gran Vía entre Praza España e Urzáiz, Pizarro, Avenida Madrid hasta Salgueira, Jenaro de la Fuente, prazas de Fernando Católico e Isabel a Católica, os centros comerciais Alcampo Coia, A Laxe, Camelias, Coia 4 e Praza Elíptica. Tamén se está desinfectado nas rúas Zamora, Barcelona, Zaragoza, Colón, Policarpo Sanz, Alfonso XII, Elduayen, Príncipe, Venezuela, Camelias, Porta do Sol, o ambulatorio de Rosalía de Castro, Florida, Fragoso, Castrelos, Balaídos, Portanet, Teixugueiras e transversais, praza América, Pi y Margall, López Mora, Torrecedeira, Hispanidade, Coruña, Castelao, Praza Independencia, rúa Lalín Tomás Alonso e Avenida Atlántida, Gregorio Espino, Martínez Garrido, Ramón Nieto, praza IES Castelao, Aeroporto hasta Cantabria e zona de paxaros, Sanjurjo Badía, Aragón, Travesía de Vigo, García Barbón, Buenos Aires e Avenida de Galicia.
Colectores especiais para residuos hospitalarios
Abel Caballero anunciou tamén que a empresa Contenur ofreceu ao Concello a doazón de colectores específicos para residuos perigosos de uso hospitalario, que fabrican baixo unha normativa concreta dado que non son estándar. Están dotados de pechadura para evitar que se poida furgar neles e son de cor amarela. Caballero agradeceu esta “achega ao benestar social” sinalando que o Concello levará os contedores aos hospitais de Vigo.