luns, 29 xullo 2019

Os concertos de Castrelos están a rexistrar "a maior afluencia de público da súa historia"

luns, 29 xul 2019

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que os concertos gratuítos de Castrelos "están a bater todos os récords posibles" de asistencia, tal e como demostra o feito de que se venderan localidades de todas as actuacións -excepto dunha -con niveis de afluencia "incontrovertidos". Hoxe continúa a programación coa presencia do ex vocalista de Supertramp, Roger Hodgson.

O rexedor convida á cidadanía a celebrar o Día de Galicia en Castrelos

luns, 29 xul 2019

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa lerá o bando do Día de Galicia en Vigo, nun acto que o Concello organiza mañá martes ás 21 horas nos xardíns do Pazo de Castrelos con entrada libre para tódalas persoas que queiran sumarse. "Rompemos a tradición antiga e entra todo aquel que queira", apuntou Abel Caballero, que reiterou o seu convite "a toda a cidade" a participar desta celebración que contará tamén cunha actuación musical.