venres, 2 agosto 2019

Vetusta Morla, Xoel López e Furious Monkey House, triplo concerto este venres en Castrelos

venres, 2 ago 2019

Con apertura de portas á platea ás 19:30h, Furious Monkey House abrirá o concerto ás 20h e Xoel López subirá ao escenario vigués ás 21h. Vetusta Morla arrancará a súa actuación ás 22:40h. O público asistente á zona de platea poderá solicitar unha pulseira para entrar y saír libremente do recinto durante as máis de catro horas de música en Castrelos.

O rexedor recibe a responsables de Legálitas, que prevé facer 50 contratacións na cidade

venres, 2 ago 2019

Abel Caballero mantivo un encontro este venres co conselleiro delegado de Legálitas, Luis del Pozo, e coa delegada en Galicia, Elena Villamarín, que prevén abrir proximamente unha sucursal en Vigo, que permitirá realizar a contratación de 50 profesionais do dereito "unha xeración de emprego significativa", segundo salientou o rexedor, que outorga "valor engadido" á súa implantación na cidade.