O alcalde compromete "o noso apoio e afecto sempre" ao Marisquiño en Vigo
O parque municipal de skate de Navia acolleu este xoves a presentación da nova edición do Marisquiño na que participaron Abel Caballero, Carmela Silva, David Regades e o director do evento, Joako Ezpeleta. O rexedor destacou o medio millón de euros de financiamento que achegan o Concello e a Deputación ao festival.