Thirty Seconds to Mars ofrece este xoves en Castrelos o seu único concerto en Galicia
A banda de rock liderada polo actor Jared Leto actúa este xoves ás 23h no auditorio vigués, no que é o seu primeiro concerto en Galicia. Mañá venres, tres grupos subirán ao escenario de Castrelos cos seguintes horarios previstos: Furious Monkey House ás 20h, Xoel López ás 21h e Vetusta Morla, desde as 22:40 horas.
Abel Caballero animou á cidadanía a achegarse este xoves a Castrelos e presenciar este "gran concerto", ofrecido por "unha das grandes estrelas deste verán en Vigo". O alcalde recordou que o papel se esgotou "en hora e media, algo que non sucedera nunca".
Thirty Seconds to Mars chega este xoves a Castrelos, onde ofrece o seu primeiro e único concerto en Galicia. A banda de rock estadounidense foi formada en 1998 polo popular actor Jared Leto e o seu irmán Shannon. Convertidos en ídolos de masas, o grupo conta con cinco discos editados, máis de 11 millóns de albumes vendidos e discos de oro e prata en máis de 15 países. Foron acredores de múltiples premios: 80 galardóns e 145 nominacións.
Tal e como destacou Caballero este xoves, a formación destaca tamén polo seu compromiso en labores benéficas e humanitarias, colaborando habitualmente con institucións como Unicef, Amnistía Internacional e a Cruz Vermella.
Vetusta Morla, Xoel López e Furious Monkey House
Para este venres, Castrelos acollerá tres actuacións consecutivas, dentro do programa estival Vigo en Festas do Concello: Furious Monkey House comezará ás 20h, Xoel López subirá ao escenario ás 21h e Vetusta Morla, desde as 22:40h. Dado o formato de triplo concerto, o Concello disporá de pulseiras á disposición dos asistentes á zona de platea para o libre acceso e saída do recinto.