Escoitar

O alcalde recoñece a "vocación municipalista" do actual Goberno de España

Tralo acordo básico acadado entre a FEMP e o Ministerio de Facenda para flexibilizar o teito de gasto municipal, o rexedor eloxia a "sensibilidade" do Goberno en funcións.

venres, 26 xul 2019
Abel Caballero referiuse este venres ao "acordo básico" acadado entre o Goberno de España e a Federación Española de Municipios e Provincias para flexibilizar a regra de gasto municipal de maneira que, por exemplo, as entidades locais poderán usar o superávit para mellorar os servizos públicos.

"Estamos encantados", sinalou, "e quero recoñecer a vocación municipalista do actual Goberno de España", xa que o acordo ao que chegaron ámbalas institucións e que será ratificado coa Ministra de Facenda nunhas semanas, "levamos pedíndoo ao Goberno 8 anos", e foi posible agora.

Así, engadiu que "o Goberno en funcións foi mi receptivo e amosa unha extraordinaria sensibilidade cara os concellos e as institucións locais".