martes, 20 feb 2018
O Concello agarda resposta desde hai un mes ao acordo acadado coa Xunta para executar o transvase de emerxencia desde o río Verdugo á rede de auga de Vigo e área metropolitana, que pagaría a cidade no seu 80%. Caballero incidiu en que a agua é potable e de calidade; a cuestión da auga en Vigo é de subministro.
martes, 20 feb 2018
Tras sumar un 11,2% máis de viaxeiros en xaneiro sobre o mesmo mes de 2017, Caballero avogou este martes por continuar reforzando o aeroporto e ultima unha licitación para abrir unha ruta todo o ano a Londres, reforzar París e renovar Valencia e Sevilla. Ademais, o alcalde demandou á Xunta un bus directo a Peinador como o que paga entre Santiago e Lavacolla.
martes, 20 feb 2018
O alcalde adiantou que a apertura do tráfico na Avenida de Citroën será a mediados de marzo e que valoran abrir antes un carril. Ademais, o Tribunal Administrativo de Recursos Contractuales deu a razón ao Concello e desestimou o recurso do Colexio de Arquitectos de Galicia contra a licitación do proxecto de Marcador, Gol e o novo aparcamento.
martes, 20 feb 2018
O Concello continuou este martes coas actividades programadas pola conmemoración da efeméride, hoxe coa teatralización do capítulo "A baía de Vigo" do libro "20.000 leguas de viaxe submarina" fronte á escultura de Verne. Nesta ocasión foron alumnos dos colexios García Barbón, Frián Teis e Ramón e Cajal os que participaron na iniciativa "Vigo le a Verne".
martes, 20 feb 2018
Abel Caballero desprazouse este martes ata os Maristas – Colexio El Pilar, onde o Concello de Vigo, a través da Policía Local, ofrece formación en educación viaria aos escolares do nomeado centro. O rexedor tamén foi entrevistado polo alumnado para o periódico do colexio.
martes, 20 feb 2018
O próximo venres 23 de febreiro abrirá as súas portas na Terminal de Cruceiros o Salón FranquiAtlántico que nesta décimo oitava edición reunirá a 200 firmas. Un ano máis, o Concello de Vigo apoia esta cita empresarial que trata de fomentar o autoemprego.
martes, 20 feb 2018
O Concello de Vigo programa a presentación do libro "Rosalía de Castro e o poder sexual" de María Xosé Queizán (Xerais, 2017) o martes, 20 de febreiro de 2018 ás 19.00 no Centro de Documentación e Recursos Feministas. Interveñen: María Xosé Queizán (autora) e Marga Romero (escritora)