PRESENTACIÓN DO LIBRO: "Rosalía de Castro e o poder sexual" de María Xosé Queizán<br />
O Concello de Vigo programa a presentación do libro "Rosalía de Castro e o poder sexual" de María Xosé Queizán (Xerais, 2017) o martes, 20 de febreiro de 2018 ás 19.00 no Centro de Documentación e Recursos Feministas. Interveñen: María Xosé Queizán (autora) e Marga Romero (escritora)
María Xosé Queizán reúne aquí sete ensaios de temática rosaliana, dende o introdutorio, que lle dá título, no que se estuda o carácter feminista de toda a obra rosaliana, pasando polos que abordan o amor e o suicidio na obra poética, até os dedicados á súa consideración a través da historia e á persecución que sufriu no seu tempo.
Complétase o libro con media ducia de poemas e dous relatos nos que Queizán homenaxea á nosa primeira escritora
Descargar todas as imaxes
Complétase o libro con media ducia de poemas e dous relatos nos que Queizán homenaxea á nosa primeira escritora