martes, 28 novembro 2017

O alcalde cualifica de vulneración da autonomía local a esixencia de confinanciar escolas infantís e centros de día da Xunta

martes, 28 nov 2017

Caballero reiterou este martes o seu rexeitamento á esixencia da Xunta de que Vigo cofinancie servizos sociais que presta a Xunta na nosa cidade. O goberno local aprobou un requirimento contra a resolución desta imposición para financiar dúas escolas infantís, tal e como xa fixera cos centros de día. No primeiro caso a achega é de 205.000 euros, no segundo, alcanza os 35.000 euros.

O rexedor destaca o "labor heroico" de ASIME nos seus corenta anos de traxectoria

martes, 28 nov 2017

No acto do 40 aniversario da Asociación de Industriais Metalúrxicas de Galicia, celebrado en Vigo, Abel Caballero recoñeceu a capacidade das empresas de ASIME para crear emprego e xerar a base central da economía e o valor engadido da industria galega, sendo quen de competir en sectores como a automoción, o aéreo, naval ou as novas tecnoloxías. Amais, manifestou amosou o seu orgullo como alcalde dunha cidade con "tantas e tantas empresas que merecedes aprecio polo voso labor heroico e a vosa capacidade de traballo". André Quintá Cortiña, Astilleros Cardama, Tromosa e Francisco León foron os homenaxeados nesta celebración.