Caballero anuncia o reto dos 10.000 participantes na Carreira San Silvestre, solidaria, que pechará o ano na Alameda
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe martes a edición de 2017 da Carreira San Silvestre viguesa, que por quinto ano consecutivo celebrarase na contorna da Praza de Compostela o derradeiro día do ano ás 17:00 horas.
Acompañado por representantes dos patrocinadores privados (Gadis, Hyupersa, Máis que Auga, Frutas Neves, Decathlon e Coca-Cola), a atleta Soledad Castro (Comesaña) e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o rexedor marcou o reto de "ir a por os 10.000 participantes" tralo éxito da edición anterior, na que correron os 4 quilómetros uns 8.000 participantes.
"É unha marabillosa forma festiva de acabar o ano e será unha gran celebración para despedir 2017", sinalou Caballero, que insistiu en que "é unha carreira non competitiva, festiva e de cachondeo total", invitando a que a cidadanía acuda disfrazada. De feito, o Concello, que lidera o patrocinio e a organización, anunciou que haberá nove cheques agasallo por un total de 1.200 euros para os mellores disfraces de grupo, individuais e infantís, ademais do tradicional sorteo de diversos produtos.
Como sucedeu en anteriores edicións a carreira será solidaria e os participantes, que se poderán inscribir dende hoxe mesmo de forma gratuíta na web www.championchipnorte.com, recibirán un gorro de Papá Noel antes da proba entregando alimentos non perecedoiros no stand do Banco de Alimentos que se situará na Alameda.
O alcalde lembrou que esta é "de longo a proba que máis participantes ten", citando a Vigo contra o Cancro como "a seguinte máis numerosa con 2.000 ou 3.000" e explicando que esa proba de Coia duplica ás seguintes. Caballero dixo que ao longo do ano as 45 probas atléticas que hai na cidade, entre as populares urbanas, as de cross e pista, mobilizaron a uns 50.000 deportistas.
Soledad Castro, atleta do Comesaña que Caballero cualificou de "excepcional", dixo que a ela en cada proba "hai un nervio que me di corre!", pero celebrou que se organicen estas probas non competitivas "para quen quere pasar un día diferente".
Ademais, tanto o alcalde como Pedro Pereira, presidente da ONG Banco de Alimentos de Vigo, apuntaron que o paso pola Alameda será o derradeiro ano co actual empedrado, pois "estamos a piques de iniciar a reforma de todo esa contorna semipeatonal", explicou o político.
Este ano a saída, dende a contorna da Alameda, cambia de dirección. En lugar de correr directamente cara ao Casco Vello irase cara a Areal para dirixirse a García Barbón, a novidade sobre o ano pasado. Búscase unha saída multitudinaria máis espectacular, cómoda e rápida para os milleiros de corredores. Así, dende Areal chegarase a Serafín Avendaño para alí tomar García Barbón, Colón, Marqués de Valladares, Fermín Penzol (único tramo en costa), Praza da Constitución, Triunfo, Rúa Real (este ano é en baixada para facilitar o paso dos corredores), Teófilo Llorente, Cánovas del Castillo, Concepción Arenal, unha volta á Alameda e chegada á meta.
Descargar todas as imaxes