xoves, 23 nov 2017
O obxectivo é poñer en valor os vestixios e desenvolver acción cultural nese espazo de Alcabre. A Xunta de Goberno Local aprobou o convenio con ADIF e a Xunta para a nova estación do AVE de Vigo cun investimento municipal de 2,3 millóns de euros e a clasificación de ofertas do servizo de estacionamento regulado. <br />
xoves, 23 nov 2017
O Ministerio de Sanidade e a FEMP veñen de recoñecer a labor do Concello de Vigo na atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Este galardón súmase a outro que xa conseguira no ano 2011, neste caso no ámbito da prevención.
xoves, 23 nov 2017
O Pleno extraordinario celebrado onte mércores deixou clara "a absoluta coordinación" baixo a que se traballou durante as 15 horas que se tardaron en extinguir os lumes. Unha vez máis, o alcalde deu ás grazas á cidade "por estar á altura das circunstancias".
xoves, 23 nov 2017
A previsión de choiva obriga ao Concello a adiar o acto que estaba programado inicialmente para o venres na Porta do Sol. Con motivo do acto e do Black Friday deste venres, a cidade reforza o servizo de transporte urbano.
xoves, 23 nov 2017
Abel Caballero achegouse hoxe xoves ao Auditorio Mar de Vigo para saudar aos gañadores da quinta edición do Concurso de violín, viola e violoncello "Cidade de Vigo" que interpretaban o segundo concerto do certame. O alcalde saudou aos preto de 900 estudantes de primaria, ESO e bacherelato que presenciaron unha actuación na que os vencedores de 2016 tocaron como solistas.
xoves, 23 nov 2017
O alcalde inaugurou o primeiro Congreso Internacional "A prevención e a Seguridade Industrial 4.0" que se celebra hoxe xoves e mañá venres no Círculo de Empresarios de Galicia. Durante a súa intervención, destacou a importancia de que a "capacidade de innovar beneficie ao conxunto da sociedade". <br />