Escoitar

O rexedor saúda aos alumnos asistentes ao 2º concerto do Concurso de violín "Cidade de Vigo"

Abel Caballero achegouse hoxe xoves ao Auditorio Mar de Vigo para saudar aos gañadores da quinta edición do Concurso de violín, viola e violoncello "Cidade de Vigo" que interpretaban o segundo concerto do certame. O alcalde saudou aos preto de 900 estudantes de primaria, ESO e bacherelato que presenciaron unha actuación na que os vencedores de 2016 tocaron como solistas.

xoves, 23 nov 2017
1511446287violin.JPG
Descargar todas as imaxes