luns, 20 nov 2017
O alcalde acudiu esta mañá a Augas de Galicia para trasladar o "gravísimo" problema que está a atravesar a área de Vigo con motivo da seca. Tal e como avanzou nunha rolda de prensa previa, a continuación, Caballero trasladará aos alcaldes dos municipios abastecidos desde Eiras as conclusións deste encontro.
luns, 20 nov 2017
O alcalde presidiu esta sesión extraordinaria coa que se conmemora o Día Internacional da Infancia 2017 e na que un centenar de estudantes do CEIP Lope de Vega e do CPR Niño Jesús de Praga expuxeron as súas preocupacións polo respecto aos Dereitos do Neno e pola evolución medioambiental do planeta, facendo fincapé na importancia da reciclade na cidade, do consumo responsable de auga e na redución das emisións contaminantes. Abel Caballero explicoulles as medidas tomadas ao respecto polo goberno municipal e felicitounos polas súas contribucións neste Pleno Infantil.
luns, 20 nov 2017
Caballero recibiu este luns aos organizadores, o Melgachos Vellos Rugbiers, que lle presentaron as actividades previstas para este sábado 25 de novembro no Colexio Montecastelo. Contando coa colaboración do Concello, está prevista a participación de 90 xogadores de máis de dez nacionalidades e membros de tres equipos: o Melgachos, o VRAC Quesos Entrepinares de Valladolid e o SCRUM de Braga (Portugal). O torneo benéfico comeza ás 15:30 horas da tarde e recadará fondos para a Asociación Española contra o Cancro.