venres, 12 feb 2016
O alcalde transmitiulle ao vicecónsul de Portugal en Galicia, Manuel Correia da Silva, a "inmensa vocación" de relación que ten a cidade con todo o país luso durante un encontro que mantiveron esta mañá na Alcaldía. No transcurso da reunión, Caballero ofreceulle "cooperación" na cesión de espazos públicos de cara á celebración en Vigo de actos e efemérides importantes en Portugal.
venres, 12 feb 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou hoxe á participación na Gran Bikedada, unha serie de actividades en torno ao mundo do ciclismo que durante a fin de semana terá como escenario a contorna do Náutico e que rematará cunha marcha ciclista de bicicleta de montaña entre Vigo e o encoiro das Eiras, con volta a Vigo, que contará con preto de 500 participantes.
venres, 12 feb 2016
Polas previsións metereolóxicas adversas para mañá sábado, 13 de febreiro, o desfile-concurso de comparsas e carrozas terá lugar unha semana despois, segundo anunciou este venres Abel Caballero. O goberno de Vigo pospón a súa celebración para as 18 horas do sábado, 20 de febreiro, cando "a perspectiva climatolóxica parece que non é mala", en verbas do alcalde.
venres, 12 feb 2016
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE TAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 25 da vixente Ordenanza municipal reguladora do servizo de taxi (BOP nº 48, de 11 de marzo de 2015) e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 4 de marzo de 2016, incluído. A documentación requirida é a seguinte:
venres, 12 feb 2016
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 29 de xaneiro de 2016 aprobou as "Bases reguladoras e convocatorias ordinaria e extraordinaria para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa "Vigo en Ingles 2016", dirixidas ao alumnado de 3º de ESO e de 2º de Bacharelato de centros educativos do Concello de Vigo ". (exptes. 17631-332 e 17632-332)
venres, 12 feb 2016
A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 21 horas, destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas. Previamente haberá dúas charlas explicativas nas que se achegarán os contidos e as dinámicas de traballo aos potenciais participantes do obradoiro.<br />
<br />