Vigo presenta a súa candidatura a 9 bandeiras azuis e 3 sendeiros azuis
O alcalde informou este venres do acordo da Xunta de Goberno Local para que Vigo concorra aos galardóns medioambientais Bandeira Azul e Senda Azul, así como da adhesión ao convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para actuar nos sendeiros azuis vigueses. O goberno local tamén deu luz verde ao programa de pisos para a incorporación social de drogodependentes.
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres as candidaturas do Concello aos galardóns medioambientais Bandeira Azul e Senda Azul 2016. Vigo busca o recoñecemento de Bandeira Azul para 9 praias: Areal da Punta, Tombo do Gato, Argazada, Fontaíña, Vao, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras. Ademais, opta ao distintivo de ruptura de barreiras arquitectónicas e atención a persoas con discapacidade. Abel Caballero explicou que o obxectivo do seu goberno é que "as praias e sendeiros azuis de Vigo sexan accesibles e xa temos un sistema de baño establecido desde o Concello para persoas con discapacidade e con mobilidade reducida, que inclúe formas de baño distintas".
No tocante á candidatura a Sendeiro Azul, o rexedor informou que quere renovar o galardón de 2015, concedido ao "Camiño a Beiramar"; o Paseo do río Lagares desde a Avenida de Madrid ata a desembocadura, e que concorrerá con dúas novas candidaturas "significativas": a Senda entre Faros nas Illas Cíes, que parte da praia de Rodas e chega ata os faros, e a Senda Litoral e do Monte da Guía en Teis, que transcorre polo monte da Guía, a Praia da Punta e a Etea en Teis.
Ademais, o Concello adheriuse a un Convenio de cooperación coa Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo actuacións nos sendeiros azuis.
Axuda a Érguete
O alcalde tamén deu conta este venres da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local do Programa de pisos para a incorporación social de drogodependentes que considera "de envergadura". Está dirixido ás persoas toxicómanas que, tendo recibido o tratamento para superar a súa adicción, son axudadas no proceso de rehabilitación e incorporación social. Con ese fin, sinalou Caballero, "cedémoslles pisos para que poidan vivir e facemos unha achega económica de 45.000 euros para este programa", engadindo que o Concello desenvolve ademais programas de emprego específicos para persoas que estean nesta situación.