mércores, 11 nov 2015
O rexedor deu a coñecer este mércores a aprobación das bases da convocatoria das bolsas do Concello para estadías de aprendizaxe lingüística destinadas aos estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo para o ano 2016. Concederanse 47 bolsas por un importe de 80.000 euros, unha cifra que aumentará coa oferta de ata 600 axudas o vindeiro ano porque, segundo Abel Caballero "é moi importante aprender idiomas".
mércores, 11 nov 2015
O alcalde de Vigo mantivo esta mañá un encontro coa presidenta da Fundación IgualArte, para oficializar a cesión do uso dun edificio de dúas plantas na rúa Palencia. Tal e como explicou o rexedor, o inmoble, de dúas plantas, adáptase ás necesidades educativas dos usuarios da entidade.
mércores, 11 nov 2015
O alcalde de Vigo enfatizou esta mañá a necesidade de afondar na reflexión neste "azaroso século XXI" en foros como as XXIII Xornadas de Filosofía e Neurociencia que se organizan os próximos 17,18 e 19 de novembro no Auditorio Municipal. Caballero estivo acompañado por Avelino Muleiro, presidente de Aletheia-Vigo na rolda de presentación deste foro de debate.
mércores, 11 nov 2015
Daniel Antomil Pérez, autor do libro "Los nombres de las calles de Vigo", falará das orixes dos <br />
topónimos dalgunhas rúas emblemáticas de Vigo. A charla terá lugar o xoves, día 12, ás 13.00h. na sede do Museo Liste-Etnográfico de Vigo.<br />
<br />
mércores, 11 nov 2015
O xoves 12, comeza un novo curso de narración oral no Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV).O principal obxectivo deste curso é crear novos e novas contadores de historias para continuar con esta tradición tan arraigada entre a nosa xente. Mais tamén transmitir historias e saberes de sempre e sermos quen de achegárllelas a xente cativa, mozo, adulta...