martes, 10 novembro 2015

O goberno local volve ampliar as axudas de emerxencia a familias, que ascenden a case 750.000 euros

Segundo anunciou este martes o alcalde, a Xunta de Goberno Local acordou incrementar de novo a partida para axudas de emerxencia a familias en 70.000 euros para atender a demanda dos que máis o precisan, que se suman aos 200.000 euros xa engadidos nos meses de xullo e agosto aos 445.000 euros que figuran no orzamento municipal para 2015. O total de fondos adicados ao efecto polo Concello de Vigo neste ano elévase a preto de 750.000 euros.

O Concello forma a máis de 8.000 cidadáns en seguridade viaria

martes, 10 nov 2015

Abel Caballero asistiu na mañá deste martes á charla informativa que ofreceu a Policía Local sobre seguridade viaria a integrantes da Asociación Agarimo de Amas de Casa e Consumo. A actividade enmárcase no programa municipal de Educación Viaria que no seu desenvolvemento ten realizado xa 215 conferencias en colexios e outras en espazos municipais, veciñais e centros de saúde. <br />

Caballero pide suprimir o voto rogado: "o dereito de voto non debe ser negociable nin restrinxido"

martes, 10 nov 2015

O alcalde acudiu hoxe martes á Casa Galega da Cultura para participar na inauguración de "Galicia imaxinada nas revistas de emigración", unha exposición que retrata a través de vinte paneis a imaxe que os emigrantes teñen de Galicia. Caballero fixo un chamamento á eliminación do voto rogado por ser unha "enorme dificultade" para que os emigrantes poidan exercer o seu dereito.