luns, 7 set 2015
O alcalde reclamou este luns a autorización da Xunta de Galicia para que o Concello poida abrir as escolas infantís de Navia e Mestres Goldar, xa concluídas, con partida orzamentaria e adxudicada a súa xestión. Caballero recordou que, sumando as 162 prazas destas dúas, o Concello ten máis do dobre de vacantes de educación infantil que á chegada de Caballero á Alcaldía.
luns, 7 set 2015
Na inauguración da sétima edición da Conferencia Mundial do Atún, que se desenvolve este luns e martes na cidade olívica, Abel Caballero destacou a importancia da industria atuneira na economía internacional. Ademais manifestou a honra e orgullo que supón para Vigo ser estes días a capital mundial do sector atuneiro, conserveiro e transformador dos produtos do mar e das súas industrias auxiliares, xa que aquí están reunidos os maiores expertos.
luns, 7 set 2015
O alcalde de Vigo informou este luns da aprobación do plan de seguridade e saúde para a instalación de elementos biosaudables en distintos espazos da cidade. Caballero explicou que estarán dispoñibles nun total de 18 dos coñecidos como parques para maiores da cidade.