Caballero asegura que a manifestación pola sanidade pública "marca un antes e un despois"
O alcalde de Vigo aseverou que a "excepcional" manifestación de onte xoves foi "un momento histórico da cidade" que "marca un antes e un despois" na demanda dunha sanidade pública, gratuita e de calidade. Caballero esixíu ao presidente da Xunta de Galicia que atenda "este clamor multitudinario" e anunciou unha reunión para a próxima semana coa xunta de persoal do CHUVI.
"Nunca vira tanta xente nunha manifestación, foi excepcional", sinalou este venres Abel Caballero sobre a movilización celebrada na tarde de onte en defensa da sanidade pública. O alcalde agradeceu a presencia nas rúas dos "centos de miles de persoas" procedentes dos 26 concellos que conforman a área sanitaria viguesa e concluíu que o acontecido "marca un antes e un despois" na cidade e na demanda dunha sanidade "pública, gratuita e de calidade".
O rexedor olívico anunciou unha reunión coa xunta de persoal do CHUVI para o próximo mércores co obxecto de esixir unha reforma concreta no proxecto sanitario para Vigo. Caballero reclamou un hospital público de 1.450 camas, con especialidades de referencia, cun laboratorio central e un estacionamento gratuito, e apuntou que este "gran clamor na cidade e no territorio" debe ser escoitado pola administración autonómica: "Feijóo non pode seguir sen atender este clamor multitudinario".