Escoitar

Alcaldes que representan o 87% da poboación da Área Metropolitana urxen a modificación da lei

Tras unha entrevista co alcalde de Salceda, Abel Caballero fixo balance este xoves das reunións mantidas ata agora con rexedores que representan ao 87% da poboación da área metropolitana viguesa e subliñou que todos "compartimos ao 100% o modelo" e a necesidade urxente de reformar a lei existente para que poida funcionar e dotarse de competencias, como o transporte.

xoves, 3 set 2015
1441285153salceda.JPG
O alcalde de Vigo valorou positivamente a reunión mantida co seu homólogo de Salceda de Caselas, Marcos Besada. Caballero explicou que ambos comparten opinión sobre a Área Metropolitana e reclaman premura na moficación da lei para que poida funcionar, que ofreza servizos aos cidadáns e con competencias para o goberno metropolitano.

Tras ter celebrado entrevistas cos alcaldes e alcaldesas de Nigrán, Porriño, Tomiño, Fornelos, Gondomar, Tui, Cangas, Moaña e Salceda, Abel Caballero valorou que "todos compartimos ao 100% o modelo" de área metropolitana de Vigo, o modelo da lei de Barcelona, e a necesidade de que entre "de forma inmediata no Parlamento" de Galicia para a modificación da lei actual.

O alcalde de Vigo subliñou que este modelo é compartido polos representantes electos do 87% da poboación que conforma a área metropolitana viguesa, como consecuencia urxíu ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, un posicionamento ao respecto e levar ao Parlamento de Galicia a modificación da lei: "espero a resposta do señor Feijóo e con prontitude", concluíu.
Descargar todas as imaxes