xoves, 3 set 2015
Tras unha entrevista co alcalde de Salceda, Abel Caballero fixo balance este xoves das reunións mantidas ata agora con rexedores que representan ao 87% da poboación da área metropolitana viguesa e subliñou que todos "compartimos ao 100% o modelo" e a necesidade urxente de reformar a lei existente para que poida funcionar e dotarse de competencias, como o transporte.
xoves, 3 set 2015
Abel Caballero mantivo un encontro este xoves na Casa Consistorial coa nova directiva do Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo encabezada polo seu presidente, Nicolás López-Guerra, o vicepresidente, Avelino Castro, e o director xerente, Roberto Campo. O rexedor ofreceulles a cooperación institucional do Concello no labor que realizan, xa que se trata dunha entidade moi importante en Vigo, a quen o rexedor desexa a mellor sorte na nova etapa que inicia.