venres, 13 xuñ 2014
Abel Caballero indicou que este galardón é "a máxima distinción que se outorga en España en limpeza e o platino é o rango superior". Subliñou o alcalde que Vigo recibe esta distinción por cuarto ano, "que nos coloca á cabeza de todos os concellos de España".
venres, 13 xuñ 2014
Segundo informou Caballero, o goberno de Vigo aprobou o convenio coa Federación de Pais e Nais de Alumnos, unha aportación de 606.000 euros para que a entidade xestione parte das 5.000 bolsas de comedor que outorga o Concello. O alcalde recordou que, por primeira vez, non existe lista de agarda para recibir esta axuda.
venres, 13 xuñ 2014
O alcalde informou este venres deste acordo, adoptado na Xunta de Goberno Local, que fai posible a contratación de 100 persoas para traballar "ao longo e ancho da cidade" en distintas tarefas, como mellora de beirarrúas e de instalacións municipais e limpeza de viais, entre outras. O Concello de Vigo achega ao efecto 680.000 euros.
venres, 13 xuñ 2014
O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca a preinscrición para o vindeiro curso 2014-2015 nas súas Escolas Municipais de Música e Artes (EMMA): Escola Municipal de Música de Vigo (EMMV), Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (E-TRAD), Escola Municipal de Teatro (EMT), Escola Municipal de Danza (EMD) e Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO).
venres, 13 xuñ 2014
A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente do 23 de maio de 2014, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o «Plan Especial da Colonia Histórica do Couto», redactado en abril de 2014 pola Oficina de Planeamento e Xestión (versión V1) a iniciativa municipal, en cumprimento da Resolución do Vicepresidente da XMU do 27.07.2012.<br />