Escoitar

Sesenta socorristas vixiarán as praias de Vigo desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro

Sesenta socorristas vixiarán este verán os arenais vigueses e operarán por turnos para garantir un mínimo de 43 vixiantes por quenda. O Concello asinou un convenio con Cruz Vermella para prestar, un ano máis, a asistencia sanitaria e de primeiros auxilios e transporte sanitario nas praias por un importe de 152.215 euros.

xoves, 12 xuñ 2014
1402573947cruz.JPG
Abel Caballero asinou hoxe un convenio cun responsable de Cruz Vermella, Domingo Santamaría, para prestar a asistenica sanitaria de primeiros auxilios e transporte sanitario nas praias. Concretamente, o Concello de Vigo contrata á Cruz Vermella o salvamento e socorrismo nas praias, unha ambulancia propia e 60 socorristas en total que vixiarán, desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro, dez areais vigueses: A Punta, Rodas, Figueiras, Tombo do Gato, Argazada, Samil, O Vao, Fontaíña, Canido e Fortiñón (Saiáns).

O alcalde explicou que o socorrismo estará presente cada dia durante os meses de agosto e setembro e durante as fins de semana nos quince días finais de xuño e nos primeiros de setembro, salvo en Argazada, Samil, Saiáns, Vao, Rodas e Figueiras, onde haberá salvamento diariamente en horario de tarde. Cun importe de 152.215 euros, o servizo será o mesmo que o ano pasado e contrataránse 60 socorristas que operarán por turnos para garantir a presenza dun mínimo de 43 vixiantes (25 acuáticos e 18 en primeiros auxilios).

Tal e como destacou o rexedor, Vigo mantén as mesmas prestacións en vixiancia de praias que otros anos, mentres que noutras localidades están a recortar este servizo pola crise económica. Polo tanto, as praias de Vigo seguen a contar cunha ambulancia propia, demáis de 15 axentes da sección de Costa e Praia da Policía Local.
Descargar todas as imaxes