O alcalde salienta o deseño "máis moderno" da humanización de Jenaro de la Fuente
Abel Caballero visitou hoxe xoves os traballos de mellora que acomete o Concello en Jenaro de la Fuente, entre as rúas Aragón e Toledo, cun investimento total de 242.000 euros. A renovación, "a punto de ser acabada", incluirá novas canalizacións de servizos e a remodelación en superficie, con "mezclas e combinacións de cores".
O alcalde de Vigo visitou este xoves as obras de humanización que está a realizar o goberno local en Jenaro de la Fuente, unha segunda fase que comprende do treito que va da rúa Aragón á rúa Toledo. Caballero definiu esta humanización como "moi novidosa", cun deseño "máis moderno" con "mezclas e combinacións de cores".
O Concello de Vigo inviste na reforma 242.000 euros, unha mellora que concluirá previsiblemente ao longo da próxima semana e que contempla novas canalizacións de servizos, como os 170 metros lineais de abastecemento e 11 sumidoiros coa correspondente conexións á rede xeral.
O goberno local instalará tamén seis novos puntos de luz e renovará doce luminarias, habilitará 800 metros cadrados de granito e outros 100 de pedra nos accesos para vehículos. 3 bancos e 5 xardineiras para un total de 70 metros cadrados de superficie verde completan o proxecto de humanización.
Descargar todas as imaxes