xoves, 26 mai 2011
A concellería de Medioambiente, dirixida pola socialista Chus Lago, ven de recibir da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor unha Distinción Temática á información e educación ambiental . A mención chega da man das bandeiras azuis outorgadas anualmente nas que Vigo mantén o número de distintivos nos seus areais.
xoves, 26 mai 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou este xoves na presentación da 47 edición do Rallye Internacional Rías Baixas, que percorrerá diversos concellos do sur da provincia de Pontevedra do 2 ao 4 de xuño. O nacionalista afirmou que, como cada ano, este evento é "un gran acontecemento e unha gran organización", xa que este ano acadou a cualificación de internacional e posibilita a participación de 68 equipos.
xoves, 26 mai 2011
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clausurou este xoves o ciclo muller e saúde integral, que entre abril e maio desenvolveuse na Casa das Mulleres e que rematou cunha conferencia sobre os beneficios do deporte para a saúde da muller.
"Os Sabadiños" de xuño e xullo unha nova alternativa de ocio
xoves, 26 mai 2011
A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, situada na Avenida Martínez Garrido nº 21, continúa a súa labor de animación á lectura entre os máis pequenos da casa. Tras as actividades realizadas por mor do día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o Día do Libro, o Día das Letras Galegas e a visita dos Ratiños da Caixa a biblioteca inicia "Os Sabadiños". Estas actividades terán lugar o 4, 11, 18 e 25 de xuño e 2, 9 e 16 de xullo de 12.00 a 13.30 horas na propia biblioteca. Están recomendadas a nenos maiores de 5 anos.
xoves, 26 mai 2011
O Club Ciclista Vigués - Autronic celebrará as Bici Rutas Vigo 2011 en tres xornadas, os días 29 de maio e 5 e 12 de xuño. Trátase de tres paseos en bicicleta para gozar do exercicio ao aire libre, da propia cidade e as súas magníficas inmediacións.