martes, 24 maio 2011

Verán no Verbum - Campamentos Abertos 2011

Un ano máis o Verbum organiza campamentos abertos de Verán. Este ano con novidades ao trasladar a súa celebración ao mes de agosto, e ao traballar con dúas temáticas, unha sobre a animación á lectura, que terá lugar na primeira quincena, e outra relacionando o museo co seu entorno natural, facendo unha campaña de concienciación co medio ambiente. As actividades están dirixidas a rapaces de 5 a 12 anos e desenvolveranse de martes a venres en horario de 10 a 14h. Este ano as actividades serán gratuítas.

MULLER E DEPORTE: beneficios para a saúde

martes, 24 mai 2011

O mércores 25 de maio ás 20.00 h, finaliza o ciclo "Muller e saúde integral" que a concellería de Igualdade está a organizar na Casa das Mulleres desde o mes de abril co obxectivo de promover a mellora da calidade de vida e a saúde integral das mulleres potenciando o seu benestar físico e psíquico en todas as etapas das súas vidas. Nesta ocasión colabora a Fundación VIDE para a exposición do relatorio: "Muller e deporte: beneficios para a saúde".