Escoitar

Abel Caballero respalda unha maior implicación das administracións públicas no apoio a esclerose múltiple

O alcalde deu lectura ao manifesto a favor das persoas que padecen esta enfermidade con motivo do Día Mundial da doenza. O acto tivo lugar nos locais da Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple, encargada de organizar para esta xornada unha serie de actividades que culminarán cun concerto benéfico o vindeiro 9 de xuño.

mércores, 25 mai 2011
1306329194esclerose.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou na mañá deste mércores nos actos organizados pola Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple – Avempo- por mor do Día Mundial desta doenza. Caballero deu lectura a un manifesto no que avogou pola "implicación de toda a sociedade e das administracións públicas no apoio á investigación da enfermidade".

O rexedor lembrou que a esclerose múltiple é unha enfermidade que se manifesta en adultos de entre 20 e 40 anos e que é a segunda causa de discapacidade neste grupo de poboación tras os accidentes de tráfico, ademais de ser a primeira doenza crónica en Europa. Por todo elo o manifesto incidiu na necesidade de que os axentes sociais "inflúan nos baremos de avaliación do grao de discapacidade e se recoñeza o 33% de minusvalía co diagnóstico".

O acto desta mañá arrancou coa solta simbólica de globos tras o que o rexedor deu paso a lectura do manifesto. Pola súa banda a presidenta da Asociación, Marina Román, agradeceu a presencia e o apoio do rexedor aos actos organizados.
Descargar todas as imaxes